Página principal de FiC BBS

SysOps


Actualmente somos tres las personas que mantenemos FiC BBS. No somos los primeros sysops que ha tenido FiC, ni esperamos ser los últimos :-) Nuestros nombres, direcciones de e-mail, y direcciones de punto en FidoNet y FiCNet son:

Servidor de FiC BBS

Desde finales del 2004, FiC es un Digital Server 3200, con dos procesadores Pentium II a 266 Mhz y 128 MB de RAM. Podéis ver a la derecha una foto del equipo. Como software de base usamos Debian GNU/Linux, y en particular, para lo que es la BBS, tenemos programas del proyecto Husky, además de Ifmail para el gate de news, News-Portal para el acceso web, y Binkd como mailer vía Internet.

Durante muchos años, ocupamos el despacho 0.06 de la Facultad de Informática de Coruña (podéis ver más abajo y la izquierda una foto tomada allí), pero actualmente el servidor se encuentra en el local de asociaciones de la facultad, sede de la asociación GPUL (Grupo de Programadores y Usuarios de Linux) y el servidor del CEU (Comisión de Extensión Universitaria de la facultad), que nos proporciona el acceso a Internet.

Historia

Daniel Ali (13:348/1.69), usuario y antiguo sysop de la BBS, es el autor del siguiente texto en gallego, que bien puede servir como pequeña historia, además de ayudar a entender mejor de qué va todo esto:

Para pesar dos meus resultados académicos, a finais do ano 93 ou principios do 94, Miguel Barreiro, primeiro administrador (SysOp) de FIC BBS xunto con Alberto Lago (que, de feito, creo lembrar que empezara un chisco antes que o primeiro), deixoume un modem de 2400 durante unha semana. Naqueles tempos nos que apenas empezabamos a comprender a emerxente importancia das telecomunicacións, nos que ter unha conexión a internet na casa non era máis ca un soño lonxano, engancheime por completo á mensaxería "ó estilo Fidonet".

Tanto é así, que o que eu pensara que ía ser un pasatempo durante unha semaniña converteuse nunha afición polas comunicacións que aínda hoxe perdura. Nada máis devolverlle a Miguel o seu modem, merquei un novo a 14400, xunto a algúns outros "pioneiros" da época que algúns coñeceredes, coma Alejandro Estraviz, Javier Taibo e Manuel Ferreira Moreno (quen dubido moito que chegue a ler isto algún día pero ó que felicito dende aquí polo seu recente casamento, por se acaso). Daquela, os modems a 14k4 aínda eran bastante escasos, se cadra polo que custaban, a módica cantidade de, ó cambio, entre 250 e 300 euriños de nada.

Ó pouco, cheguei a ser eu mesmo un dos SysOps, e algúns meses despois, Miguel Barreiro convertiuse nun dos impulsores e administradores do servidor web e ftp da CEU. Pensade, novamente, en que daquela internet seguía a parecer algo bastante lonxano, cando non descoñecido por completo. (Moito ollo: A primeira máquina que tivo FIC BBS foi un XT con disco de 20 megas, e cando eu cheguei era un 386sx con dous megas de RAM e DesqView para manexa-la administración e os seus dos nodos en multitarea).

Nuestro antiguo despacho

Pero, ¿qué raio faciamos na BBS toda aquela caterva de energúmenos? Durante os oito anos nos que desempeñei o meu cargo (e que conste que todos o faciamos de xeito por completo desinteresado, vamos, que non sacabamos nada por facelo, máis ben ó contrario, pero ben que pagaba a pena), a usabamos para divertirnos, intercambiar impresións sobre música, películas ou libros, consultar cuestións técnicas, baixa-las últimas versións de programas gratuitos e shareware, organizar partidas de xogos coma o mítico VGA Planets, ... ¿Vos soa algo de todo isto? ¿Exactamente o mesmo que facemos hoxe con internet? Pois non. Non exactamente. As mensaxes dos foros, dos grupos de noticias, das listas de correo... Son desorganizadas, escritas con demasiada prisa e, na maioría dos casos, impersoais. A tecnoloxía das redes de correo tipo Fidonet era imperfecta a nivel de rutado do correo, pero a organización por áreas e fíos, os protocolos de transmisión, e as características das súas bases de datos de almacenaxe fannas, a día de hoxe, moi difíciles de superar a nivel técnico. Si, lonxe de substituír estas redes polos novos mecanismos que nos provee internet, adaptamos ó rutado á realidade das novas redes, obtendremos un medio de comunicación inmellorable. Isto é o que é FIC BBS hoxendía, gracias ós meus sucesores, que souberon, contra todo pronóstico, adaptar unha tecnoloxía que moitos califican de obsoleta pero que, obviamente, aínda ten moito que darnos, ós requerimentos actuais. As mensaxes da BBS rútanse cada poucos minutos, cando antes tiñámolo que facer unha vez ó día, xa que se facía por teléfono, e o correo é posible consultalo tanto por netmail, coma antes, coma por lista de correo ou grupos de noticias.

Na BBS se pode disfrutar dun ambiente difícil de describir. Alí apareceron por vez primeira para moitos dos términos que hoxe utilizamos día a día, coma "baixar programas" ou "envia-lo correo", amén de verbas coma "freak", actualmente castelanizado coma "friqui" e moitos outros que, en serio, vale a pena coñecer aínda qué só sexa por curiosidade, pero coma decían nos oitenta, "ata aquí podo ler"...

Como remate, quixera enviar un saudo a tódolos usuarios da BBS que lean as miñas palabras, e o meu máis sinceiro agradecemento a quenes a crearon, a quenes me axudaron a mantela, e a quenes a fan hoxe posible e actual co seu esforzo. A BBS é algo moi especial, e non merece menos.

Daniel Ali Caruncho

Enlaces

No podía faltar una lista de enlaces a otras páginas. Aquí tenemos unos cuantos que nos parecen interesantes, agrupados por secciones:

FidoNet

Otras BBS y páginas relacionadas

Software de FidoNet